martes, 11 de octubre de 2016

VI XORNADAS DE NOVOS INVESTIGADORES


E, por fin, podemos anunciarvos que xa temos lista unha nova edición das Xornadas de Novos Investigadores organizadas polo DAFHO, co apoio da nosa Facultade de Historia e Xeografía da UVigo e de ALEHOU.



Estas VI Xornadas contarán coas ponencias de dez persoas ligadas a diversas ramas das ciencias sociais: Historia Antiga, Historia Medieval, Arqueoloxía, Xeografía Física ou Etnoloxía; tampouco olvidar á tecnoloxía aplicada no noso campo: os videoxogos estarán presentes nunha das ponencias.
E, como elemento innovador, contamos coa participación dunha asociación de arqueoloxía experimental, o grupo Encellas de Esparto, quen nos ensinará o seu proxecto.

Trala confirmación dos ponentes, xa temos o noso horario - en principio, de carácter definitivo - para as Xornadas que se levarán a cabo os vindeiros días 24 e 25 de outubro.


Calquera dúbida e suxestión, podesde mandarnos un mail ao noso correo electrónico (dafho@uvigo.es) ou á nosa páxina de Facebook (DAFHO Facebook), onde terás tódalas novas diarias respecto a estas xornadas.

Un saúdo a todos!